Info e PAGO

instrucciones

Solicitudes de admisión na viaxe: dende o 25 ao 31 de outubro na secretaría do centro (de 9 a 14 horas). Descarga aquí as condicións de comportamento e o documento de solicitude que hai que entregar.  A admisión para a viaxe está vinculada ao comportamento habitual do/a alumno/a-ler as condicións do documento anterior) O prezo estimado figura máis abaixo, onde di “Resgardo do pago”.

Publicación de admitidos/as na viaxe: 3 de novembro no taboleiro da entrada do instituto.

Só o alumnado admitido seguirá os pasos que se indican a continuación:

Unha vez sexas admitido/a na viaxe, para confirmar a praza hai que entregar na secretaría do centro estes documentos (entre o 6 e o 10 de novembro, en horario de 9 a 14 horas) :

  • Resgardo do pago (transferencia bancaria). Preme aquí  para descargar o arquivo coa información xeral  (nº de conta, etc…)
  • Autorización asinada (Andorra preme aquí para descargar o impreso)

MOI IMPORTANTE: non se debe realizar ningún pago ata despois de coñecer a lista de admitidos, que se publicará no taboleiro do instituto o 3 de novembro (o criterio de admisión está vinculado ao comportamento do/a alumno/a solicitante)

Lembra: primeiro prazo (200€) entrega o resgardo na secretaría ata o 10 de novembro ás 14 horas.  O resto cando ti queiras, sempre antes do 10 de xaneiro de 2024 ás 14 horas.

PREZO FINAL DA VIAXE: 625€ para alumnado que practique SKI. Haberá que engadir 45€ no caso de querer practicar SNOW.

Como todo o alumnado inscrito xa ingresou 200€, a cantidade restante debe ingresarse antes do día 10 de xaneiro de 2024 e levar o resgardo ao instituto. Prazo límite: 10 de xaneiro ás 14:00